O 13 de novembro arrinca en Ribadeo o Camiño Gastronómico do Mar, que fomentará o consumo de peixe e esta ruta xacobea.

 

O 13 de novembro arrinca en Ribadeo o Camiño Gastronómico do Mar, que fomentará o consumo de peixe e esta ruta xacobea.


Este domingo 13 de novembro celebrarase a primeira das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela coa colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.

Esta campaña gastronómica servirá un ano máis para fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.

Nesta edición os participantes percorrerán cada fin de semana unha etapa especial da ruta xacobea e irán percorrendo os oito concellos da costa luguesa polos que pasa o Camiño do Mar, visitando cada domingo dous deles. En total serán catro etapas de aproximadamente 20 km cada unha.

A primeira etapa partirá de Ribadeo este domingo pola mañá e visitará tamén o concello de Barreiros. A data límite para inscribirse na xornada é este xoves na web da asociación. https://www.asocaminodelmar.com/acciones/camino-gastronomico

Como novidade nesta edición, ao final de cada etapa ofrecerase a tódolos participantes unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo de chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, coa colaboración de Estrella Galicia. Tras esta primeira etapa, os peregrinos poderán degustar receitas de peixe espada e de raia, en representación das frotas burelesas de altura e de litoral, respectivamente.

Ademais, os participantes no “Camiño Gastronómico do Mar 2022” poderán selar en cada concello a súa particular “Compostela” e optarán a un premio final, xa que entre todos eles sortearase unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes que a Asociación Cociñeiros Lugo ten na Mariña.

Esta campaña conta coa colaboración dos concellos polos que discurre a ruta e de Armadores de Burela, e enmárcase dentro das accións de promoción da OPP-7 incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual, e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.


Comentarios

Entradas populares de este blog

El Camino del Mar ya es ruta oficial a Santiago de Compostela

Peregrinos «invisibles» que están llenando hoteles aún en septiembre por una ruta espectacular que lleva por las mareas más altas del año

En el Camino encontramos casualidades de la historia.