A Asociación Amigos do Camiño do Mar organiza a cuarta edición de O Camiño do Mar Concello a Concello
A Asociación Amigos do Camiño do Mar organiza a cuarta edición de O Camiño do Mar Concello a Concello Ribadeo AMariñaXa A peregrinación arrancará o 2 de marzo en Ribadeo e percorrerá o Camiño do Mar ata Santiago en 13 etapas dominicais A Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela organiza a cuarta edición do proxecto “O Camiño do Mar Concello a Concello”. Esta iniciativa consta de 13 etapas, duns 23 km de media cada unha, que se desenvolverán en domingos consecutivos ata chegar a Santiago de Compostela. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer, promocionar e divulgar o trazado da antiga vía de peregrinación que atravesa os concellos da Mariña Lucense, Ortegal e parte de Ferrolterra. Ademais, busca o recoñecemento oficial do Camiño do Mar a nivel administrativo, unha ruta cada vez máis popular entre peregrinos de todo o mundo e que está espertando un crecente interese entre os colectivos locais. A peregrinación iniciarase o domingo 2 de marzo cunha pri...