Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Xuvia

O CONCELLO RECIBIU AOS PEREGRINOS DA ASOCIACIÓN CAMIÑO DO MAR NO PASEO DE XUVIA

Imagen
  O CONCELLO RECIBIU AOS PEREGRINOS DA ASOCIACIÓN CAMIÑO DO MAR NO PASEO DE XUVIA A edil de Turismo, Natalia Hermida, foi a persoa encargada de reunirse cos peregrinos e selarlles as compostelanas Narón, 20 de maio de 2024. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recibiu na tarde de onte no paseo de Xuvia a integrantes da Asociación Camiño do Mar que realizan o Camiño dende Ribadeo pola zona norte ata Santo André de Teixido e, dende aí chegaron a Narón para enlazar co Camiño Inglés a Compostela dende o quilómetro 100, no paseo de Xuvia –xunto ás letras Narón Camiño Inglés-, onde os recibiu a edil naronesa. Son precisamente os cen quilómetros o percorrido mínimo que se esixe aos camiñantes para poder selar as Compostelas, tal e como recordou Hermida. Hermida encargouse de selarlles nese punto as credenciais de peregrinos e regaloulles unha cuncha para continuar a súa viaxe cara a Compostela, desexándolles un bo camiño. O Camiño do Mar discurre polos concellos de Ribadeo, Barreiro...