O CONCELLO RECIBIU AOS PEREGRINOS DA ASOCIACIÓN CAMIÑO DO MAR NO PASEO DE XUVIA

 O CONCELLO RECIBIU AOS PEREGRINOS DA ASOCIACIÓN CAMIÑO DO MAR NO PASEO DE XUVIA

A edil de Turismo, Natalia Hermida, foi a persoa encargada de reunirse cos peregrinos e selarlles as compostelanas
Narón, 20 de maio de 2024. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recibiu na tarde de onte no paseo de Xuvia a integrantes da Asociación Camiño do Mar que realizan o Camiño dende Ribadeo pola zona norte ata Santo André de Teixido e, dende aí chegaron a Narón para enlazar co Camiño Inglés a Compostela dende o quilómetro 100, no paseo de Xuvia –xunto ás letras Narón Camiño Inglés-, onde os recibiu a edil naronesa. Son precisamente os cen quilómetros o percorrido mínimo que se esixe aos camiñantes para poder selar as Compostelas, tal e como recordou Hermida. Hermida encargouse de selarlles nese punto as credenciais de peregrinos e regaloulles unha cuncha para continuar a súa viaxe cara a Compostela, desexándolles un bo camiño. O Camiño do Mar discurre polos concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño e Neda, onde intersecciona co Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela, tal e como indican dende a citada asociación. O Camiño do Mar, que se pode entender como unha bifurcación do Camiño Norte ao chegar a Ribadeo, consta de oito etapas dende Ribadeo ata Neda, cun percorrido aproximado de 177 quilómetros. Ese percorrido complétase posteriormente con cinco etapas polo Camiño Inglés, que discurren en parte por Narón, en dirección a Compostela, o que suma uns 100 quilómetros máis, dende o punto ubicado no paseo marítimo de Xuvia, onde os peregrinos se reuniron coa concelleira de Turismo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

El Camino del Mar ya es ruta oficial a Santiago de Compostela

Peregrinos «invisibles» que están llenando hoteles aún en septiembre por una ruta espectacular que lleva por las mareas más altas del año

En el Camino encontramos casualidades de la historia.