Lara Méndez e a Asociación de Turismo Rural da Mariña colaborarán na promoción internacional da costa lucense Deputación de Lugo. Jue, 24/10/2013 - 00:00 A Vicepresidenta Segunda e Manuel Vicente ratificaron a colaboración asinando este xoves un convenio para desenvolver accións conxuntas encamiñadas a difundir turísticamente a costa lucenseMéndez destacou a importancia de apoiar sen fisuras o sector turístico, ó que se adican o 70% das máis de 5.000 empresas da comarca, dando emprego a máis de 3.500 persoasO convenio tamén recolle a cesión gratuíta de exemplares da 2ª edición do libro Camiño do Mar a ATURMAR, que os empregará nas súas actividades para a difusión da Mariña A Deputación de Lugo ratificou hoxe o seu apoio á Mariña coa sinatura dun convenio coa Asociación de Turismo Rural da Mariña (ATURMAR), pensado para promover o desenvolvemento de accións conxuntas de promoción da costa lucense. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Presidente de ATURMAR, Manuel Vic...