Lara Méndez e a Asociación de Turismo Rural da Mariña colaborarán na promoción internacional da costa lucense

 

Lara Méndez e a Asociación de Turismo Rural da Mariña colaborarán na promoción internacional da costa lucense


Deputación de Lugo. Jue, 24/10/2013 - 00:00


A Vicepresidenta Segunda e Manuel Vicente ratificaron a colaboración asinando este xoves un convenio para desenvolver accións conxuntas encamiñadas a difundir turísticamente a costa lucenseMéndez destacou a importancia de apoiar sen fisuras o sector turístico, “ó que se adican o 70% das máis de 5.000 empresas da comarca, dando emprego a máis de 3.500 persoas”O convenio tamén recolle a cesión gratuíta de exemplares da 2ª edición do libro Camiño do Mar a ATURMAR, que os empregará nas súas actividades para a difusión da Mariña

A Deputación de Lugo ratificou hoxe o seu apoio á Mariña coa sinatura dun convenio coa Asociación de Turismo Rural da Mariña (ATURMAR), pensado para promover o desenvolvemento de accións conxuntas de promoción da costa lucense. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Presidente de ATURMAR, Manuel Vicente, asinaron este acordo de colaboración en virtude do cal a Deputación tamén cede, de xeito gratuíto, exemplares do libro Camiño do Mar, o primeiro publicado sobre esta ruta xacobea e do que o organismo provincial vén de tirar unha segunda edición de mil exemplares, logo de esgotar a primeira.

Esta colaboración directa supón, tal e como destacou Méndez, “un paso máis na aberta e clara aposta deste goberno provincial pola comarca mariñana, por potenciar todos os factores de crecemento que ofrece a través do desenvolvemento de accións que permitan reactivar a economía, xerar emprego e difundir a riqueza da Mariña, especialmente a través do turismo, un dos soportes fundamentais da economía mariñana, que dá emprego a máis de 3.500 persoas. De feito, a esta actividade adícase o 70% das máis de 5.000 empresas radicadas na comarca”

Precisamente a sinatura deste convenio coincidiu coa última xornada da ambiciosa campaña realizada para captar turismo estranxeiro posta en marcha por ATURMAR, que contou coa financiación da institución provincial, e que trouxo a 17 turoperadores alemáns a descubrir a Mariña grazas ó percorrido realizado polos principais atractivos turísticos dos Concellos costeiros. ATURMAR organizou esta visita logo de que os axentes turísticos xermanos amosaran o seu interese en coñecer de primeira man a costa da provincia coa idea de promocionala no seu país de orixe como destino vacacional. Tal e como subliñou a Vicepresidenta “a costa de Lugo é moito máis que praia, hai mil Mariñas por descubrir”.

Camiño do Mar

O convenio asindo hoxe recolle, así mesmo, a cesión de exemplares da segunda edición do libro Camiño do Mar, do historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios, para a que a institución provincial destinou preto de 8.000 euros. Coa difusión deste volume, ATURMAR realizará labores de promoción e difusión a través de medios de comunicación, feiras de turismo, axencias de viaxes, etc. para a dar a coñecer esta ruta e os valores da Mariña no seu conxunto, en especial da riqueza medioambiental e da importancia do Camiño para a provincia de Lugo. De feito, Lugo conta no seu territorio con máis de 800 quilómetros de rutas dos Camiños Francés, Primitivo, Norte, de Inverno e do Mar.

A primeira edición desta obra publicada polo organismo lucense, esgotada dende hai tempo, puxo á venda medio milleiro de exemplares deste primeiro traballo sobre este Camiño. Froito de anos de rigoroso traballo sobre este itinerario, tan pouco estudado coma popularmente coñecido, recolle todo o inventario documental existente co que queda certificado o Camiño do Mar coma un ha auténtica ruta empregada polos peregrinos na súa viaxe a Compostela, ademais dunha ampla selección de máis de 200 fotografías e abundantes mapas que describen todos os tramos deste Camiño.

Esta publicación, ademais de impulsar a aspiración da Deputación en favor da oficialización desta ruta xacobea que discurre polos Concellos da costa, avala a demanda de moitos colectivos mariñanos que levan anos solicitando á Xunta, administración competente, o recoñecemento oficial desta ruta, posto que sería un relevante pulo á economía da zona.

Promoción turística da Mariña

O actual goberno provincial leva traballando dende o 2007 en prol da Mariña, para promocionar o turismo e o ocio medioambiental con iniciativas coma o Km0 Surf Camp, ou a Peregrinación Marítima. Este evento turístico-deportivo nado no 2010, e que xa permitiu a centos de lucenses percorrer a costa en veleiros grazas ós bautismos de mar, fixo da Deputación de Lugo na primeira e única administración en reivindicar a declaración oficial do Camiño do Mar como ruta xacobea, malia que a promoción de todas as rutas de peregrinación lucenses data xa do 2009.

Outros dos proxectos levados a cabo na Mariña foi a certificación de calidade ISO-14001 das praias coa que contan 14 areais mariñanos dun total de 19 galegos-, a de maior rigor a nivel internacional no eido da protección ambiental, concedida segundo parámetros da Unión Europea e que garante un plus de calidade ás praias que o reciben. Esta certificación trae consigo beneficios ambientais, de imaxe de cara ó exterior e económicos para os Concellos.





Comentarios

Entradas populares de este blog

El Camino del Mar ya es ruta oficial a Santiago de Compostela

Peregrinos «invisibles» que están llenando hoteles aún en septiembre por una ruta espectacular que lleva por las mareas más altas del año

En el Camino encontramos casualidades de la historia.