O PARLAMENTO DEBATE MAÑÁ A INICIATIVA DO PPDEG PARA PROMOVER A OFICIALIZACIÓN DO CAMIÑO DO MAR COMO RUTA DE PEREGRINACIÓN XACOBEA
O PARLAMENTO DEBATE MAÑÁ A INICIATIVA DO PPDEG PARA PROMOVER A OFICIALIZACIÓN DO CAMIÑO DO MAR COMO RUTA DE PEREGRINACIÓN XACOBEA abril 7, 2010 por Comunicacion_Provincial Santiago, 7 de abril de 2010.- O Parlamento de Galicia debaterá mañá, na Comisión de Educación e Cultura que se celebrará pola tarde, a iniciativa dos deputados do PPdeG Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao na que instan á Xunta de Galicia ao recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta de peregrinación xacobea. Na Proposición non de Lei os deputados populares, además da súa oficialización, demandan do novo Executivo autonómico que se inicien os traballos para a divulgación e promoción deste percorrido. O Grupo Popular apoia, en consecuencia, a posta en valor dun itinerario avalado por distintas investigacións históricas e que percorre gran parte dos concellos do litoral da Mariña lucense. O trazado des...