A segunda edición do Camiño do Mar Concello a Concello comezará o 2 de abril
A segunda edición do Camiño do Mar Concello a Concello comezará o 2 de abril A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “un ano máis a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos será punto de selaxe das credenciais do peregrino que realicen o seu roteiro a Compostela a través do Camiño do Mar". Xornal Da Mariña - 20-Marz-2023 O 2 de abril dará comezo en Ribadeo a segunda edición de camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela. A presentación tivo lugar en Ribadeo e na mesma participaron o responsable da organización, Manuel Vicente, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a concelleira de Igualdade, Mónica Freire, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez. Manuel Vicente deu as grazas “pola colaboración e atención sempre atenta do Concello de Ribadeo e tamén a Acisa, polo seu apoio e colaboración co Camiño do Mar. Lem...